Venres, 12 de Xuño de 2026
2026/06/12: Realizado con éxito o workshop internacional sobre turbeiras de cobertor
No marco do proxecto LIFE WAN, entre os días 9 e 11 celebrouse no IBADER un evento de workshop coa participación dos socios do proxecto LIFE WAN. O evento desenvolveuse a través dunha xornada aberta ao público, de presentación das distintas iniciativas do proxecto LIFE WAN, que tivo lugar no edificio do IBADER. Posteriormente leváronse a cabo tres xornadas de campo, onde os integrantes coñeceron de primeira man as turbeiras de cobertor da serra do Xistral, e outras áreas onde se desenvolven accións de outros proxectos LIFE nos que participa o IBADER.
Na visita a serra do Xistral, os socios puideron compartir as súas experiencias sobre o terreo entrando en contacto coas particularidades e problemáticas do hábitat turbeiras de cobertor en Galicia, a través da participación de distintos expertos e representantes de diferentes sectores implicados.