O IBADER convoca a
IX Edición dos Premios de Investigación Rafael Crecente. Os premios contan co apoio da Deputación de Lugo e esta destinados a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial.
Estes premios teñen como obxectivo promover a formulación e a aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio ambiente ou a mellora da xestión territorial nun sentido amplo en Galicia.
Poderán participar nesta convocatoria: a) De forma individual, todas aquelas persoas que obtiveran o seu título universitario (Grao, Máster ou Tesis Doutoral) nos últimos 10 anos, tomando como referencia a data límite de presentación de propostas a esta convocatoria. b) De forma colectiva, dous o máis persoas poderán presentar os seus traballos sempre que o primeiro asinante cumpra cos criterios establecidos no punto anterior.
No caso de estudantes que estean cursando un dobre grao e ainda non teñan titulación por non ter finalizado os dous graos tras as correspondentes defensas de ambos Traballos Finais de Grao (TFG), se un deles xa o ten aprobado, poderase admitir a súa participación.
Non poderán presentarse a esta convocatoria as personas que foran premiadas en edición anteriores destes Premios.
Prazo de presentación de propostas: comenza a partir do día seguinte á publicación desta convocatoria no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela [https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm], accesible a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela [https://sede.usc.es/sede/publica/index.htm].
Concederanse dous premios, un primeiro e un segundo, con recoñecemento formal mediante un diploma acreditativo e unha cuantía económica de 2.000 e 1.000 euros respectivamente. A dotación dos premios realizarase a través da partida orzamentaria IBADER-USC.
Os Premios de Investigación Rafael Crecente son unha iniciativa do IBADER contando coa particiapación das súas distintas unidades e especialmente do LABORATE e a Cátedra UNESCO de Reservas de Biosfera Atlánticas.
Acceso a convoocatoria 2026 (
Enlace web IBADER)