O pasado 14 de octubro o IBADER asístiu, en representación de LIFE CHESTNUTRAP, proxecto no cal participa como socio o IBADER, á reunión de bienvenida de proyectos LIFE de acción polo clima, celebrada en Bruselas e organizada por CINEA.
A reunión estivo orientada a presentar as pautas para a posta en marcha e o desenvolvemento dos proxectos proxectos, abordar aspectos da súa xestión e seguimento, así como facilitar o intercambio entre os equipos participantes.
Conformou unha experiencia moi positiva, tanto pola información recibida, como pola oportunidade de coñecer outras iniciativas e intercambiar experiencias cos seus representantes. Permitiu tamén situar o proxecto LIFE CHESNUTRAP no contexto do conxunto de actuacións apoiads polo programa LIFE.