O Concello de Ribadeo, foi finalista no Concurso Anual de Comunicación de Fondos Europeos de Galicia – Premios #EuropaXunta, , polos éxitos acadados na restauración de hábitats naturais na ría de Ribadeo co gallo do proxecto LIFE FLUVIAL. O recoñecemento tivo lugar o 5 de novembro de 2026, nun acto celebrado no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela.
A candidatura foi presentada polo propio Concello de Ribadeo, socio beneficiario de LIFE FLUVIAL. Este concurso, organizado pola Dirección Xeral de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública, busca recoñecer e dar visibilidade aos proxectos europeos que contribúen ao desenvolvemento de Galicia, poñendo en valor o impacto dos fondos europeos no territorio e achegando os seus resultados á cidadanía.
Para moitos concellos, especialmente aqueles con recursos técnicos e humanos limitados, participar neste tipo de iniciativas pode supoñer un importante reto. Neste sentido, o traballo en partenariado facilita a súa incorporación, grazas á colaboración entre entidades que achegan diferentes coñecementos e capacidades, como o IBADER, que achega apoio e asesoramento técnico para o desenvolvemento das actuacións.
A condición de finalista de LIFE FLUVIAL nos Premios #EuropaXunta supón, así, un recoñecemento ao traballo desenvolvido e un exemplo do valor da cooperación entre administracións locais e entidades especializadas para impulsar proxectos europeos con impacto no territorio. As leccións aprendidas en LIFE FLUVIAL actualmente son continuadas no proxecto LIFE GLOBAL, no cal o Concello de Ribadeo e o IBADER continúan desenvolvendo o seu ámbito de cooperación como beneficiarios do mesmo.
Vídeo:
https://vimeo.com/event/6335680