Mércores, 06 de Maio de 2015

2015/05/06: Minimización de residuos e valorización de subprodutos da industria alimentaria

Minimización de residuos e valorización de subprodutos da industria alimentaria
Dirección: María Elvira López Mosquera e Socorro Seoane Labandeira
Secretaría: Marta Illera Vives
Tipoloxia: Curso de Verán da USC
Sede: IBADER
Datas: 21-23/07/2015
 
Organiza: IBADER
Colabora: Deputación de Lugo, CSIC.
Horas lectivas: 30
Límite de prazas: 50
 
 
Obxectivo do curso

Unha das prioridades da industria alimentaria para mellorar a súa competitividade e sustentabilidade dos seus procesos produtivos, é a minimización dos residuos que xeran, así como o mellor aproveitamento de todos aqueles subprodutos e coprodutos que se orixinan na súa actividade. Neste curso tratarase de propoñer solucións innovadoras e eficientes en ambos aspectos. Preténdese tamén dar visibilidade as investigacións que se están levando a cabo nas Universidades públicas galegas, Centros de investigación e Departamentos de I+D+i de diversas empresas.
 
PROGRAMA
 
Martes 21 de xullo
 
09:00-9:30h Inauguración do curso
09:30-11:00h Relatorio inaugural: Problemas ambientais asociados a industria agroalimentaria: estudo de casos.
Christian Buson, GES-Francia
11:00-11:30h Pausa café
11:30-12:30h Cambio de modelo na xestión de residuos en Leche de Galicia S.L.
Josefa García López, Leche de Galicia S.L. Grupo Lactalis
12:30-13:30h Cando o tamaño importa. Cómo valorizar coprodutos das pequenas industrias leiteiras. O caso de INNOLACT- QUESCREM
Sergio Martínez Alonso, INNOLACT- QUESCREM
 
13:30-14:30h Valorización do soro do leite
Ángel Pereira Rodríguez, Director de I+D+i de Queizuar. Queixerías Bama
16:30-17:30h Obtención de biopolímeros a partir de restos de panadería
Ana Garcinuño Prados, Centro Tecnológico de Cereales (CETECE), Palencia
17:30-19:00h Tratamento de lodos de industria cárnica para obtención de abonos de alto rendemento.
Joao Ventura (Omega-Water S.L.) e Adolfo López Fabal (Dpto. Produción Vexetal, USC)
19:00-19:30h Pausa café
19:30-20:30h Situación actual dos subprodutos na industria cárnica
Aurelio López Lois, Novafrigsa S.A.
 
Mércores 22 de xullo
 
09:30-10:30h Xestión de residuos e valorización de subprodutos en Frinsa del Noroeste S.A.
Salvador Torres López, Frinsa del Noroeste, S.A.
10:30-11:30h Desenvolvemento e optimización de procesos de baixo impacto ambiental destinados á valorización de descartes e subprodutos pesqueiros
Xosé A. Vázquez Álvarez, Instituto de Investigacións Mariñas, IIM-CSIC, Vigo
11:30-12:00h Pausa café
12:00-13:00h Utilización de cuncha de mexillón como bioabsorbente de tóxicos
Esperanza Álvarez Rodríguez, Dpto. Edafoloxía e Química Agrícola, USC
13:00-14:00h Obtención de compost a partir de restos de peixe e algas
Marta Illera Vives, IBADER, USC
16:00-17:00h Valorización de patacas de destrío: produción de transglutaminasa microbiana e aplicacións en produtos pesqueiros
Manuel Vázquez Vázquez, Dpto. Tecnoloxía dos Alimentos, USC
17:00-18:00h Xestión de residuos e aproveitamento de subprodutos na industria vitivinícola Bodegas Martín Codax
Miguel Tubío Fernández, Bodegas Martín Codax
18:00-18:30h Pausa café
18:30-19:30h Xestión de residuos na industria vitivinícola
Ana Moldes Menduiña, Dpto. Enxeñaría Química, Universidade de Vigo
19:30-20:30h Xestión de residuos e valorización de subprodutos na industria cervexeira
Marta de Olano Vela, especialista en xestión ambiental
 
Xoves 23 de xullo
 
08:30-16:30h Visita a industria conserveira Frinsa del Noroeste S.A. en Ribeira (A Coruña)
17:00-17:30h Clausura e entrega de diplomas
2015/05/06: Minimización de residuos e valorización de subprodutos da industria alimentaria
Compartir
 
Voltar