Luns, 29 de de 2015

2015/06/29: Seminario final do proxecto LIFE Tremedal

Seminario final do proxecto LIFE TREMEDAL

A USC a través do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) está a colaborar na organización do Seminario Final do proxecto LIFE+ Tremedal, os días 22-23 de outubro en Pamplona. Este seminario ten por obxecto compartir a experiencia e o coñecemento xerados durante o desenvolvemento das distintas accións do proxecto, tanto a nivel divulgativo, como técnico e científico.

Quérese, ademais, compartir e complementar a experiencia do proxecto LIFE Tremedal con outros proxectos similares que veñen a desenvolverse a nivel europeo. Para iso contarase coa participación no seminario de expertos en distintos campos relacionados coa xestión de humidais e cos membros do Comité Internacional de Asesoramento do propio proxecto LIFE Tremedal.

O Programa provisional está xa dispoñible, así como o formulario para realizar as inscricións no seminario.

O Comité Organizador do seminario está conformado polo Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), Xestión Ambiental de Navarra, Grupo TRAGSA, INDUROT (Universidade de Oviedo), Parque Nacional dos Picos de Europa, Deputación Foral de Álava e HAZI. Cóntase coa colaboración da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, Goberno de Navarra, Goberno do Principado de Asturias, Xunta de Castela e León, Deputación Foral de Gipuzkoa, Goberno Vasco e Xardín Botánico Atlántico de Xixón.

Programa provisional

Formulario de inscrición

Páxina web do LIFE+ TREMEDAL
2015/06/29: Seminario final do proxecto LIFE Tremedal
Compartir
 
Voltar