Domingo, 29 de Marzo de 2015

2015/03/29: Programa LABRANZA da CRTVG

Progrma Labranza (CRTVG).

Programa de Labranza da CRTVG centrado no uso das algas na actividade agrícola, como se están a desenvolver investigación dende a Universidade de Santiago de Compostela a este respecto e os usos históricos das algas en Gaicia. As algas foron empregadas na actividade agrícola para mellorar a produtividade das colleitas e incluso para alimentación animal.

Enlace ao video documental

Labranza emite reportaxes coas que se intentan divulgar as últimas técnicas que se están a empregar nos distintos sectores produtivos do agro galego, desde a gandería de leite ata a viticultura, sen esquecer o sector forestal, como representación do complexo agrogandeiro de Galicia. Outro dos asuntos que trata o programa é o da crecente industria agroalimentaria galega. Labranza tamén intenta recoller a sensibilidade da sociedade pola conservación do medio natural con reportaxes sobre os espazos protexidos da nosa comunidade, as enerxías renovables ou o auxe da agricultura ecolóxica.

Labranza, con máis de quince anos de emisión e case mil programas, foi testemu?a da gran transformación que experimentou o sector agrario galego nas dúas últimas décadas, especialmente a partir da entrada de Espa?a na Unión Europea.
   
2015/03/29: Programa LABRANZA da CRTVG
Compartir
 
Voltar