Proxecto LIFE Tremedal
A especie protexida
Narcissus pseudonarcissus subsp.
nobilis está a florecer na Insua de San Roque (Rábade, Outeiro de Rei; Lugo), área de actuación do proxecto
LIFE+ TREMEDAL.
Esta especie de narciso está considerada como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007, de 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas) e recóllese como de interese comunitario na Directiva Europea relativa á conservación de hábitats e especies, a denominada Directiva Hábitats (DC 92/43/CEE). Esta especie pódese observar en diferentes ambientes na Insua de San Roque tales como o bosque aluvial ou os prados desta illa. O seu tamaño e a súa flor rechamante destacan nesta época do ano, entre o fin do período invernal e o comezo da primavera. O estado de conservación dos hábitats desta especie e as súas poboacións estanse a mellorar nesta illa do río Miño, dentro do marco do proxecto LIFE+ Tremedal.