Venres, 09 de Xaneiro de 2015

2015/01/09: Seminario formativo

Seminario: O manexo do solo e a fertilidade en Agricultura Ecolóxica (6-7/02/2015).
 
A fertilidade do solo é un dos maiores condicionantes da produtividade das terras de cultivo e da rendibilidade dos predios agrícolas. O manexo do solo permite manter e mellorar a fertilidade e capacidade produtiva dos solos, e o rendemento das colleitas. Para a utilización eficiente dos fertilizantes é necesario contar con amplos coñecementos sobre nutrición dos cultivos, dinámica dos nutrintes no solo e características dos materiais fertilizantes. En Agricultura Ecolóxica a práctica da fertilización ten aspectos diferenciais respecto á convencional. A limitación no uso de fertilizantes minerais confire maior importancia ao manexo da materia orgánica e as características biolóxicas do solo, o que require sólidos coñecementos do sistema solo-planta.
 
O continuo incremento da Agricultura Ecolóxica en termos de superficie cultivada, número de predios, demanda de produto, tanto en Galicia como en Espa?a, vén xerando unha crecente demanda de materiais fertilizantes e de co?ecemento para a súa axeitada utilización.
 
 
Organiza: EPS-IBADER
 
Colabora: SEAE, CRAEGA
 
Lugar de celebración: Sala de Xuntas - Escola Politécnica Superior, Lugo
 
Inscripción:  www.agroecologia.net/seminario-lugo-2015/
 
Matrícula:
 
50e Xeral, 40€ Membros SEAE, membros CRAEGA, estudantes USC, desempregados, xubilados.
 
Prazo:  Ata o 4 de febreiro de 2015
2015/01/09: Seminario formativo
Compartir
 
Voltar