Sábado, 08 de Novembro de 2014

2014/11/08: Curso de Especialización da USC (2014-2015)

Curso de Especialización da Universidade de Santiago (2014-2015)
 
Xestión de Residuos Xerados nas Explotacións Agrogandeiras e nas Industrias Agrarias de Transformación  (Curso 2014-2015).
 
 
Dirección: M. Elvira López Mosquera & M. Jesús Saínz Osés.
Centro responsable: IBADER. Universidade de Santiago, Campus de Lugo.
 
Obxectivos do curso:
 
Coñecer os tipos e características dos residuos utilizados nas explotacións agrogandeiras.
Coñecer as tecnoloxías máis axeitadas para mitigar o impacto ambiental cara unha actividade agrogandeira sostible.
 
Programa:
 
1. Produción e caracterización de residuos agrogandeiros: esterco, purín, plásticos, envases, etc.. Créditos: 4,6
2. Produción e caracterización de residuos agroindustriais: lodos de depuradora láctea, residuos de industrias vitivinícolas, mataderos, conserveiras, etc.. Créditos: 2,5
3. Produción e caracterización de residuos alleos ás explotacións agropecuarias e reutilizados en terreos agrícolas: residuos sólidos urbáns, lodos de depuradora, algas, etc.. Créditos: 2,4
4. Contaminación producida por residuos agrogandeiros e agroindustriais.. Créditos: 2,1
5. Técnicas para a minimización, valorización e reutilización dos residuos agrogandeiros e agroindustriais.. Créditos: 7
6. Marco legal sobre a planificación dos residuos agrarios de Galicia.. Créditos: 1,4
 
Créditos: 20

Metodoloxía docente:
 
Curso semipresencial, con clases teóricas e prácticas, e elaboración de traballos de investigación e de aplicación técnica nas materias do curso.
 
Requisitos de acceso:
 
Enxeñaría Agrónoma. Enxeñaría de Montes. Veterinaria. Bioloxía. Química. Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos. Enxeñaría Química. Graduado Superior en Tecnoloxía Ambiental. Enxeñaría Técnica Industrial (especialidade en Química Industrial). Enxeñaría Técnica Agrícola. Enxeñaría Técnica Forestal.
 
Técnicos da administración e de empresas relacionados co sector agrogandeiro e agroindustrial que posúan titulación universitaria.
 
Así mesmo. poderán acceder alumnos non titulados. tendo en conta que. para poder obte-lo título de Especialista Universitario. deberán posuí-la condición de titulados antes de acaba-lo ano académico correspondente ós estudios.
 
Lugar de preinscrición:
 
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER)
Campus Universitario s/n
27002 Lugo
 
Sistema de selección:

Expediente académico
Currículo
Entrevista persoal. se fose necesaria
 
Procedemento de Avaliación:
 
Avaliación continuada da parte teórica e práctica.
Elaboración e presentación de traballos de investigación ou de aplicación técnica relacionados cos contidos das materias do curso.
 
Calendario:
 
Venres de 17:00 h a 21:00 h.
 
Data de inicio: 09/01/2015
Data de finalización: 03/07/2015
 
Inicio da preinscripción: 01/09/2014
Peche da preinscripción: 28/11/2014
 
Inicio da matrícula: 09/12/2014
Peche da preinscripción: 22/12/2014
 
Matrícula: 680,00?€

Maís Información:
 
https://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/Datos2014/Cp39482014-2015e.htm
 
IBADER. Campus Universitario s/n. Lugo.
Telf. 982 - 824 500.  Fax 982 - 824 501
ibader@usc.es
2014/11/08: Curso de Especialización da USC (2014-2015)
Compartir
 
Descargas
Voltar