Mércores, 10 de Setembro de 2014

2014/09/10: O proxecto LIFE Tremedal en Radio CERNA

Proxecto LIFE TREMEDAL en Radio CERNA
LIFE TREMEDAL, un proxecto para a conservación de humidais     
        
 

Radio CERNA dedica un programa ao proxecto LIFE TREMEDAL, centrado na conservación e xestión dos humidais continentais do Norte da Península Ibérica e que esta sendo coordinado en Galicia polo Dr. Pablo Ramil-Rego do IBADER.

Esta producción radiofónica é a única de Galicia especializada en medio ambiente e ecoloxismo. Trátase dun proxecto pioneiro no país que, a través do soporte sonoro, aborda a cuestión ambiental e cultural desde unha óptica local.
 
Radio CERNA nace no ano 2005 da man de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), financiada pola propia ADEGA xunto coas axudas económicas de varios organismos institucionais relacionados coa promoción cultural ou co eido ambiental de Galiza.
 
Acceso ao programa de Radio CERNA LIFE TREMEDAL, un proxecto para a conservación de humidai:
 
http://www.ivoox.com/life-tremedal-proxecto-para-a-conservacion-de-audios-mp3_rf_3446107_1.html.
2014/09/10: O proxecto LIFE Tremedal en Radio CERNA
Compartir
 
Voltar