Luns, 21 de Xullo de 2014

2014/07/21: Inauguración do Curso de Veran na Estación Científica do Courel

Cursos de Verán da Universdiade de Santiago (2014).

Inauguración oficial do curso: 

Alternativas de desenvolvemento rural en áreas de alto valor ambiental: modelos e experiencias aplicables á serra do Courel


O luns 21 de xullo de 2014 tivo lugar a inauguración do curso de verán 2014 ?Alternativas de desenvolvemento rural en áreas de alto valor ambiental: modelos e experiencias aplicables á serra do Courel?. Este curso organizado pola Universidade de Santiago de Compostela celébrase durante os días 21, 22 e 23 de xullo na Estación Científica do Courel (Seoane do Courel), contando cun total de 12 persoas matriculadas.
 
Este curso de verán pretende realizar unha posta ao día dos valores ecolóxicos e culturais da serra do Courel. Este co?ecemento revélase como unha das estratexias máis importantes para a súa preservación: se non se co?ece o que non ten valor, dificilmente poderase manter. Ademais aboradaranse diferentes propostas e modelos de xestión e conservación de espazos de alto valor ecolóxico e cultural.
 
Durante a xornada de hoxe as ponencias versarán sobre o patrimonio natural e cultural do Courel, así como aspectos paisaxísticos e de promoción rural. Na xornada de ma?á abordaranse diferentes ferramentas de promoción de desenvolvemento rural a través de experiencias prácticas. Na terceira xornada efectuarase unha viaxe polo territorio para identificar os valores que alberga a serra do Courel, mentres que na tarde dese mesmo día terá lugar nunha sesión final con exemplos de iniciativas locais de desenvolvemento no Courel.
2014/07/21: Inauguración do Curso de Veran na Estación Científica do Courel
Compartir
 
Voltar