Luns, 12 de Maio de 2014

2014/05/12: Curso de Verán: Micoloxía

Curso de Verán da Universidade de Santiago (2014)
Aproveitamento sostible de cogomelos comestibles en Galicia


Datos do curso

Datas: 01-03/09/2014
Sede: IBADER (Campus Universitario) / Estación Científica do Courel
Horas lectivas: 25
Límite de alumnos:50
 
Director: Antonio Rigueiro Rodríguez
Secretaria: Juan Luis Fernández Lorenzo
Email de contacto: antonio.rigueiro@usc.es juanluis.fernandez@usc.es
Este curso conta cun cofinanciamento da Estación Científica do Courel.
 
Información e matrícula
 
A matrícula pode realizarse por internet ou de forma presencial na Área de Cultura da USC situada no Pazo de Montenegro (Praciña da Universidade, Lugo) ou no Colexio de San Xerome (Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela). O prazo de matrícula remata o 27 de agosto.

Os/as asistentes ao Cursos de Verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Os/as estudantes da USC recibirán, se marcan a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, 2 créditos ECTS para as titulacións de Grao adaptadas ao EEES ou, no seu caso, 2 crédito de libre elección para as diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxe?arías técnicas e licenciaturas. É requisito para obter a cualificación de "apto" e así recibir tanto o diploma como os créditos, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, para o que se establecerá o control da asistencia ao curso. Os/as asistentes que obteñan a cualificación de "apto" recibirán o diploma e, se é o caso, o certificado de crédito no último día de celebración do curso.

O prezo da matrícula é de 70,00 € para estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional ou bacharelato, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, e de 120,00 €, no resto dos casos.

Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2013-14 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2013-14 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 15,00 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2014.

En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.
 
Programa
 
1 de setembro
 
9:30 Acollida de participantes e entrega de documentación
9:30 Inauguración do curso
10:00 O Reino dos Fungos. Estratexias nutricionais. Fungos e cogomelos. Importancia dos fungos
Manuel Antonio Rodríguez Guitián. Doutor en Bioloxía. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Produción Vexetal da USC
12:00 Morfoloxía e ecoloxía dos cogomelos
Juan Luis Fernández Lorenzo. Doutor en Bioloxía. Profesor Titular de Universidade do Departamento de Produción Vexetal da USC
16:00 Cogomelos comestibles I (xéneros Lepiota, Coprinus, Agaricus, Clitocybe, Pleurotus, Agrocybe, Lepista, Morchella, Helvella, Calocybe, Marasmius)
Ignacio García González. Doutor en Bioloxía. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Botánica da USC
18:00 Cogomelos tóxicos: intoxicacións e tratamento
Julián Alonso Díaz. Doutor en Veterinaria. Presidente da Asociación Micolóxica LUCUS
 
2 de setembro (ESTACIÓN CIENTÍFICA DO COUREL)
 
10:00 Cogomelos comestibles II (xéneros Amanita, Lactarius, Russula, Tricholoma, Boletus s. l., Fistulina, Hydnum, Cantharellus, Craterellus)
Antonio Rigueiro Rodríguez. Doutor Enxeñeiro de Montes. Catedrático de Universidade do Departamento de Produción Vexetal da USC
12:00 Fungos tóxicos para os animais
Rosa Romero Franco. Doutora en Bioloxía. Profesora Titular do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela
16:00 Viaxe de prácticas: Devesa da Rogueira
Julián Alonso Díaz, Doutor en Veterinaria, e outros profesores do curso
 
3 de stembro (IBADER)
 
10:00 Técnicas de micorrización
Santiago Lamosa Quinteiro. Doutor Enxe?eiro Agrónomo. Profesor Contratado Doutor do Departamento de Produción Vexetal da USC
12:00 Cultivo de cogomelos. Cogomelos medicinais
Catalina Fernández de Ana Portela e Esteban Sinde Stompel, Licenciados en Bioloxía. Empresa Hifas da Terra
16:00 Cara un aproveitamento sostible de cogomelos: técnicas de mellora da produción e regulación da colleita
Roque Julio Rodríguez Soalleiro. Doutor Enxeñeiro de Montes. Catedrático de Universidade do Departamento de Produción Vexetal da USC
18:00 Comercialización e industrialización de cogomelos
Luz Divina Castelo. Champivil S.L. Vilalba
19:30 Clausura do curso e entrega de diplomas
 
2014/05/12: Curso de Verán: Micoloxía
Compartir
 
Descargas
Voltar