Domingo, 11 de Maio de 2014

2014/05/11: Curso de Verán: Plantas Medicinais

Cursos de Verán da Universidade de Santiago (2014)
As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses


Datos do curso
 
Datas: 28-31/07/2014
Sede: IBADER. Campus Universitario de Lugo
Director: Antonio Rigueiro Rodríguez e Rosa Romero Franco
Secretaria: Ruth María Barros Camba
Horas lectivas: 30
Límite de alumnos: 50
 
Información e matrícula
 
A matrícula pode realizarse por internet ou de forma presencial na Área de Cultura da USC situada no Pazo de Montenegro (Praciña da Universidade, Lugo) ou no Colexio de San Xerome (Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela). O prazo de matrícula remata o 18 de xullo.
 
Os/as asistentes ao Cursos de Verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Os/as estudantes da USC recibirán, se marcan a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, 2 créditos ECTS para as titulacións de Grao adaptadas ao EEES ou, no seu caso, 2 créditos de libre elección para as diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas. É requisito para obter a cualificación de "apto" e así recibir tanto o diploma como os créditos, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, para o que se establecerá o control da asistencia ao curso. Os/as asistentes que obte?an a cualificación de "apto" recibirán o diploma e, se é o caso, o certificado de crédito no último día de celebración do curso.
 
O prezo da matrícula é de 70,00 € para estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional ou bacharelato, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, e de 120,00 € no resto dos casos.
 
Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2013-14 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2013-14 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 15,00 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2014.
 
En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.
 
Este curso conta con cofinanciamento da Deputación de Lugo.
 
Programa
 
28 de xullo
 
9:00 Acollida de participantes e entrega de documentación
9:30 Inauguración do curso
10:00 Historia da utilización das plantas medicinais
Pablo Ramil Rego, doutor en Bioloxía e profesor titular de universidade do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.
12:00 Principios activos das plantas medicinais. Actividade terapéutica dos principais grupos
Nicanor Floro Andrés Rodríguez, doutor en Farmacia. Titular e Director Técnico de Oficina de Farmacia en Vigo
16:00 Procesado industrial das plantas medicinais. Exemplo da empresa Milhulloa
M Carmen Valiño Vázquez, licenciada en Bioloxía; M Jesús Expósito Casal, Licenciada en Farmacia. Milhulloa Plantas Medicinais e Aromáticas Sociedade Cooperativa Galega.
18:00 Taller de cosmética natural:
Elaboración de crema hidratante e loción para despois do afeitado a base de extractos naturais
M Carmen Valiño Vázquez, licenciada en Bioloxía; M Jesús Expósito Casal, Licenciada en Farmacia. Milhulloa Plantas Medicinais e Aromáticas Sociedade Cooperativa Galega.
 
29 de xullo
 
10:00 Plantas con interese medicinal nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá.
Antonio Rigueiro Rodríguez, doutor Enxe?eiro de Montes e catedrático de Universidade do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela
12:00 Influencia dos factores ambientais na síntese e concentración de principios activos
Pilar González Hernández, doutora en Bioloxía e profesora titular do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela
16:00 Visita á empresa Milhulloa Plantas Medicinais e Aromáticas Sociedade Cooperativa Galega. Palas de Rei (Lugo)
 
30 de xullo
 
10:00 Viaxe de prácticas: saída de recoñecemento de plantas medicinais na Reserva da Biosfera Terras do Miño
Manuel Antonio Rodríguez Guitián, doutor en Bioloxía. Profesor contratado doutor do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela; Ruth María Barros Camba, Enxeñeiro Agrónomo e outros profesores do curso
16:00 Cultivo ecolóxico das plantas medicinais. Posibilidades en Galicia
Belén Díaz Hernández, doutora Enxeñeiro Agrónomo, profesora contratada doutora do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela
18:00 Importancia económica do aproveitamento das plantas medicinais. Mercado internacional e nacional. Vantaxes e inconvenientes da recolección de poboacións silvestres
Rosa Romero Franco, doutora en Bioloxía e profesora titular do Departamento de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela
 
31 de xullo
 
10:00 Fungos medicinais
Catalina Fernández de Ana Portela e Esteban Sinde Stompel, licenciados en Bioloxía. Empresa Hifas da Terra
12:00 Plans de Acción das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
Andrea Macho Benito, Enxeñeira Química e Máster en Enxeñería Medioambiental pola Universidade de Santiago de Compostela. Técnico de xestión Medioambiental da Deputación Provincial de Lugo e Xestora das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá
14:00 Clausura e entrega de certificados ou diplomas
2014/05/11: Curso de Verán: Plantas Medicinais
Compartir
 
Descargas
Voltar