Sábado, 10 de Maio de 2014

2014/05/10: Curso de Verán: Courel

Cursos de Verán da Universidade de Santiago (2014)
Alternativas de desenvolvemento rural en áreas de alto valor ambiental: modelos e experiencias aplicables á Serra do Courel
 
Datos do curso:
 
Datas: 21-23/07/2014
Lugar: Estación Científica do Courel (Seoane do Courel, Lugo)
Horas lectivas: 25
Límite de alumnos:50
Director: Manuel A. Rodríguez Guitián
Secretaria: Javier Ferreiro da Costa
Email de contacto: javier.ferreiro@usc.es
 
AVISO:- Haberá transporte diario de balde entre Lugo e a estación Científica de Seoane do Courel ás 8:30 horas, dende a parada de buses da Escola Politécnica Superior.
 
Información e matrícula
 
A matrícula pode realizarse por internet ou de forma presencial na Área de Cultura da USC situada no Pazo de Montenegro (Praciña da Universidade, Lugo) ou no Colexio de San Xerome (Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela). O prazo de matrícula remata o 18 de xullo.
 
Os/as asistentes ao Cursos de Verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Os/as estudantes da USC recibirán, se marcan a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, 2 créditos ECTS para as titulacións de Grao adaptadas ao EEES ou, no seu caso, 2 créditos de libre elección para as diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas. É requisito para obter a cualificación de "apto" e así recibir tanto o diploma como os créditos, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, para o que se establecerá o control da asistencia ao curso. Os/as asistentes que obte?an a cualificación de "apto" recibirán o diploma e, se é o caso, o certificado de crédito no último día de celebración do curso.
 
O prezo da matrícula é de 70,00 € para estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional ou bacharelato, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, e de 120,00 € no resto dos casos.
 
Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2013-14 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2013-14 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 15,00 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2014.
 
En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.
 
Este curso conta con cofinanciamento da Deputación de Lugo.
 
Programa
 
21 de xullo
 
9:30 Recepción de participantes, entrega de documentación inauguración do curso
10:00 Valores naturais da Serra do Courel
Manuel A. Rodríguez Guitián
12:00 Valor patrimonial da arquitectura popular da monta?a oriental luguesa
Luisa Serra García
16:00 A paisaxe courelá como ben patrimonial dinamizador da socio-economía
Manuel Borobio Sanchiz
18:00 A política de desenvolvemento rural no marco da reforma da PAC 2014-2020
M do Mar Pérez Fra
 
22 de xullo
 
10:00 As reservas da biosfera como modelo de dinamización social
Andrea Macho Benito
12:00 Dinamización rural nos lugares Patrimonio da Humanidade. O caso das Médulas
Jesús Álvarez Courel
16:00 Li?as de desenvolvemento rural no Parque Natural da Baixa Limia - Serra do Xurés
Verónica Tellado Barcia
18:00 Conservar implicando á poboación local: modelos e propostas dende a Custodia do Territorio
Marti?o Cabana Otero
 
23 de xullo
 
10:00 Itinerario pola Serra do Courel
Manuel A. Rodríguez Guitián
16:00 Produtos locais e mercados de proximidade
Jorge M. Blanco Ballón
18:00 Mesa redonda: presentación de iniciativas locais. Representantes das empresas ?Caurelor?, ?Pía Paxaro?, ?O Sequeiro da Portela?, ?Casa da Aira?.
19:30 Clausura do Curso e entrega de Certificados de Asistencia
 
 
AVISO:- Haberá transporte diario de balde entre Lugo e a estación Científica de Seoane do Courel ás 8:30 horas, dende a parada de buses da Escola Politécnica Superior.
 
2014/05/10: Curso de Verán: Courel
Compartir
 
Descargas
Voltar