Luns, 09 de de 2014

2014/05/09: Curso de Verán: LIFE Tremedal

Cursos de Verán da Universidade de Santiago (2014)

Xestión e Conservación de Humidais Continentais no marco da Estratexia da Unión Europea sobre a Biodiversidade
 
Datos do curso:
 
Datas: 14-16/07/2014
Sede: IBADER. Campus Universitario de Lugo
Horas lectivas: 24
Límite de alumnos: 50
Director: Ramón Alberto Díaz Varela
Email de contacto: ibader@usc.es
 
Información e Matrícula
 
Os/as asistentes ao Cursos de Verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Os/as estudantes da USC recibirán, se marcan a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, 1 crédito ECTS para as titulacións de Grao adaptadas ao EEES ou, no seu caso, 1 crédito de libre elección para as diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas. É requisito para obter a cualificación de "apto" e así recibir tanto o diploma como os créditos, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, para o que se establecerá o control da asistencia ao curso. Os/as asistentes que obteñan a cualificación de "apto" recibirán o diploma e, se é o caso, o certificado de crédito no último día de celebración do curso.
 
A matrícula pode realizarse por internet ou de forma presencial na Área de Cultura da USC situada no Pazo de Montenegro da praciña da Universidade en Lugo ou no Colexio de San Xerome da Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. O prazo de matrícula remata o 4 de xullo.
 
O prezo da matrícula é de 40,00 € para estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional ou bacharelato, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, e de 70,00 € no resto dos casos.
 
Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2013-14 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2013-14 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 15,00 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2014.
 
En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.
 
Este curso conta cun cofinanciamento da Unión Europea a través do Proxecto LIFE+ TREMEDAL [LIFE11 NAT/ES/707]. web do Proxecto LIFE TREMEDAL
 
Programa
 
14 de xullo
 
10:00 Presentación das xornadas. A Estratexia Europea 2020
Ramón Alberto Díaz Varela, doutor Enxeñeiro de Montes. Universidade de Santiago de Compostela.
10:30 Humidais continentais: Caracterización, Valoración e problemática de conservación
Pablo Ramil Rego, Doutor en Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela. Coordinador en Galicia do proxecto LIFE Tremedal.
12:00 Descanso
12:30 Hábitats Hidroturbosos dos Montes Vascos e Norte de Navarra
Patxi Heras Pérez, investigador do Departamento de Botánica do Museo de Ciencias Naturais de Álava.
16:00 Xestión agraria e a mellora ou mantemento da biodiversidade
Davy McCracken, director do Hill & Mountain Research Center. Profesor en Ecoloxía Agrícola no SRUC (Scotland's Rural College).
17:30 Descanso
18:00 Modelos de manexo de humidais mediante pastoreo
Thomas Wrbka, profesor doutor do Institute of Ecology and Conservation Biology. Universidade de Viena.
 
15 de xullo
 
10:00 Humidais continentais. Restauración, Conservación e Xestión.
[Visitas ao Lago das Pontes e á Serra do Xistral]
Relatores:
José Antonio Menéndez Lolo, responsable da área de Enxe?ería de ENDESA
Manuel A. Rodríguez Guitián, doutor en Bioloxía. Universidade de Santiago de Compostela
 
16 de xullo
 
10:00 LIFE+ Conéctate á Rede Natura
Felipe González, delegado de SEO/BirdlLife en Cantabria
11:00 Bioloxía de sementes nos humidais continentais
Eduardo Fernández Pascual, Xardín Botánico Atlántico, Universidade de Oviedo
12:15 Descanso
12:45 Planificación dos humidais dentro da Rede de espazos protexidos de Castela e León
Patricio Bariego Hernández, técnico da Xunta de Castela e León
16:00 Taller participativo. 3 mesas temáticas moderadas polos relatores do curso:
Desenvolvemento rural e conservación de humidais continentais
Conservación da biodiversidade nos humidais continentais
A Divulgación e a participación na conservación dos Humidais.continentais
19:00 Clausura das xornadas
2014/05/09: Curso de Verán: LIFE Tremedal
Compartir
 
Voltar