Venres, 09 de Maio de 2014

2014/05/09: Curso de Verán: Agricultura familiar agroecolóxica

Cursos de Verán da Universidade de Santiago (2014)
Agricultura familiar agroecolóxica
 

Datos do curso
 
Datas: 18-20/06/2014
Sede: IBADER. Campus Universitario de Lugo
Director: Xan Neira Seijo
Horas lectivas: 25
Límite de alumnos:50

Información e Matrícula
 
A matrícula pode realizarse por internet ou de forma presencial na Área de Cultura da USC situada no Pazo de Montenegro (Praciña da Universidade, Lugo) ou no Colexio de San Xerome (Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela). O prazo de matrícula remata o 18 de xullo.
 
Os/as asistentes ao Cursos de Verán terán dereito a un diploma no que constarán o título do curso, o número de horas e a asistencia. Os/as estudantes da USC recibirán, se marcan a casiña correspondente ao formalizar a matrícula, 2 créditos ECTS para as titulacións de Grao adaptadas ao EEES ou, no seu caso, 2 créditos de libre elección para as diplomaturas, mestres, enxeñarías, enxeñarías técnicas e licenciaturas. É requisito para obter a cualificación de "apto" e así recibir tanto o diploma como os créditos, a asistencia regular, cando menos, ao 80% das horas lectivas, para o que se establecerá o control da asistencia ao curso. Os/as asistentes que obte?an a cualificación de "apto" recibirán o diploma e, se é o caso, o certificado de crédito no último día de celebración do curso.
 
O prezo da matrícula é de 70,00 € para estudantes de calquera universidade ou en estudos de formación profesional ou bacharelato, pensionistas, persoas desempregadas e PDI e PAS da USC, e de 120,00 € no resto dos casos.
 
Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non teren formalizado matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2013-14 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2013-14 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir, a parte do importe da matrícula do curso de verán, o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que ten un custo de 15,00 €. A liquidación do importe do seguro farase no momento de realizar a matrícula, liquidándose xunto a esta e terá validez para todos os cursos de verán que se realicen no ano 2014.
 
En ningún caso será posible a devolución de taxas unha vez realizada a matrícula, agás pola suspensión do curso.
 
Este curso conta con cofinanciamento da Deputación de Lugo.
 
Este simposio conta coa colaboración da Deputación de Lugo, IBADER, PROEPLA, SEAE, SOGA e CERA

Programa:

18/06/2017

8:30 Recepción e entrega da documentación
9:30 Inauguración. Dirección do simposio e representantes institucións colaboradoras
10:00 A agricultura familiar no tempo
Emilio Díaz Varela. Universidade de Santiago de Compostela
12:30 Xénero e desenvolvemento rural
Marta Cardín Pedrosa. Universidade de Santiago de Compostela
16:30-21:00 Obradoiro. Visita granxas familiares de leite e elaborados en ecolóxico. Xustificación da conversión a agricultura ecolóxica dunha granxa familiar de produción láctea a unha granxa de produción láctea, elaborados do leite e turismo rural

19/06

9:00 A agroecoloxía, ferramenta para un novo paradigma no rural.
Xan Neira Seijo. Universidade de Santiago de Compostela
10:30 A oportunidade da integración agrosilvopastoril coma modelo de organización
Xabier Bruña García. IDEGA-USC
12:30 Os mercados de proximidade e os produtos de calidade: unha opción de futuro
José Mouriño Cuba. Xunta de Galicia
16:00-21:00. Obradoiro. Visita a finca ecolóxica de horta Agromaseda en O Valadouro (Lugo). Promoción dunha escola de horticultura ecolóxica Xustificación da conversión á agricultura ecolóxica dunha finca familiar de produción hortícola

20/06

9:00 Xestión de residuos na granxa familiar.
Ramón Plana González-Sierra. Consultor ambiental
11:15 Proxecto Sustaingas: Produción sostible de biogás na agricultura ecolóxica
Fernando García Suárez. Protecma Energía y Medio ambiente S.L.
12:15 As novas vellas sementes
Guillermo García González de Lena. SERIDA. Astutrias
13:30 Clausura do Simposio
2014/05/09: Curso de Verán: Agricultura familiar agroecolóxica
Compartir
 
Voltar