Sábado, 02 de Maio de 2015

2014/05/02: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal

LIFE Tremedal - Actuacións de conservación e restauración en Galicia (2014).

Instalados os paneis informativos do proxecto LIFE TREMEDAL en Galicia

O IBADER continua a desenvolver diferentes actuacións do proxecto LIFE+ TREMEDAL en Galicia. No mes de maio completáronse os traballos de instalación dos paneis de información do proxecto en todos os enclaves de actuación relativos a Galicia. O deseño dos paneis foi consensuado polos membros do proxecto LIFE Tremedal, mentres que os contidos dos mesmos foron elaborados polo persoal do Grupo de Investigación  1934 - Territorio-Biodiversidade do IBADER, baixo a dirección do profesor Pablo Ramil Rego. Da instalación encargouse o Grupo Tragsa. Os paneis poden observarse nos seguintes humidais da Terra Chá: a Lagoa de Cospeito, os Ollos de Begonte e a Insua de Rábade.
2014/05/02: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal
Compartir
 
Voltar