Sábado, 26 de Abril de 2014

2014/04/26: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal en Galicia

LIFE Tremedal - Actuacións de conservación e restauración en Galicia (2014).

Millora do hábitat 91E0* na Insua de San Roque

A finais do mes de marzo e comezos de abril estanse a levar a cabo actuacións do Proxecto LIFE Tremedal na Insua de San Roque (Rábade e Outeiro de Rei, Lugo), co fin de mellorar o estado de conservación do bosque da illa e un conxunto de hábitats asociados ao mesmo. Os obxectivos desta actuación son aumentar a heteroxenidade dos hábitats higrófilos na illa para favorecer o establecemento dun mosaico deste tipo de hábitats que te?en un importante valor de conservación. Tamén se promoverá a recuperación do bosque de ribeira afectado polo fungo Phytophthora alni que está afectando aos ameneiros de Galicia.

O Proxecto TREMEDAL desenvólvese en Galicia polo Grupo de Investigación 1934 - Territorio & Biodiversidade (Laboratorio de Botánica & Bioxeografía) adscrito ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela). O Grupo Tragsa encárgase da execución das actuacións planificadas polos membros do GI 1934 - Territorio & Biodiversidade. Tamén colabora neste proxecto a Deputación Provincial de Lugo, propietaria dos terreos da Insua de San Roque e a Xunta de Galicia.
2014/04/26: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal en Galicia
Compartir
 
Voltar