Luns, 03 de Febreiro de 2014

2014/02/02: Día dos Humidais no Valadouro

02/02/2014: Dia Internacional dos Humidais

O IBADER vén de celebrar o Día Mundial dos Humidais no CEIP Santa María do Valadouro cos rapaces deste centro, aos que se lles presentou, mediante un sistema audiovisual, os diferentes tipos de humidais que se poden atopar nos espazos naturais do norte da provincia de Lugo e na Reserva da Biosfera Terras do Mi?o, a importancia dos mesmos e os valores que nos achegan a tódalas persoas na vida cotiá. Ao acabar ao acto fíxose entrega de material de sensibilización sobre os valores de consrevación dos humidais.

Este acto enmárcase no proxecto LIFE TREMEDAL, que conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación de la Natureza (Xunta de Galicia) e da Deputación Provincial de Lugo, no que se está a desenvolver un programa de divulgación e sensibilización centrado na importancia da conservación e restauración dos humidais para a sociedade, e da problemática ambiental que xustifica os esforzos que se levan a cabo en favor destes ecosistemas.

Mais información:

Proxector Life Tremedal (Enlace: Tremedal) e na Secretaria da Convención de Ramsar (Enlace: Ramsar)
2014/02/02: Día dos Humidais no Valadouro
Compartir
 
Voltar