Venres, 03 de Xaneiro de 2014

2014/01/03: Actuacións do proyecto LIFE Tremedal en Galicia

Comisión de Seguimiento do proyecto LIFE Tremedal en Galicia
 

O pasado venres 3 de xaneiro celebrouse no edificio do IBADER a primeira reunión da Comisión de Seguimento do proxecto europeo LIFE+ Tremedal para a mellora do estado de conservación dos hábitats de turbeira e medios higrófilos no Norte Peninsular.
 
A esta comisión, presidida polo Dr. Pablo Ramil-Rego asistiron membros do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia e do Servizo de Medio Ambiente e Enerxías Renovables da Deputación Provincial de Lugo, así como persoal de apoio do GI-1934 TB – Lab. Biodiversidade do IBADER.
 
Nesta reunión constituíuse a Comisión de Seguimento do proxecto Tremedal e se realizou unha exposición sobre a situación actual do mesmo, o seu grao de desenvolvemento e as próximas actuacións que terán lugar.
 
No tocante ás actuacións de conservación realizadas en Lugo no contexto do proxecto Tremedal, estableceuse na Lagoa de Cospeito un sistema de pequenas charcas para permitir as condicións ecolóxicas necesarias para mellorar diferentes tipos de hábitats higrófilos e reforzar a poboación da especie prioritaria Eryngium viviparum, o cardiño das lagoas. Durante o ano 2014 actuarase na Ínsua de San Roque e nos Ollos de Begonte.
2014/01/03: Actuacións do proyecto LIFE Tremedal en Galicia
Compartir
 
Voltar