Xoves, 12 de Decembro de 2013

2013/12/12: Actuacións do proxecto Life Tremedal en Galicia

Finalizan as accións de restauración e mellora dos hábitats na Lagoa de Cospeito (LIC Parga-Ladra-Támoga).

O Grupo de Investigación 1934 - Territorio & Biodiversidade (Laboratorio de Botánica & Bioxeografía) adscrito ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela) está a desenvolver baaixo a dirección do profesor Pablo Ramil-Rego o proxecto LIFE+ "Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos", cuxa denominación abreviada é TREMEDAL (LIFE 11 NAT/ES/707), formúlase a realización de accións de conservación nun conxunto de humidais continentais da Rede Natura 2000 repartidos ao longo da Rexión Bioxeográfica Atlántica do estado español.
 
Os labores planificados dentro do proxecto TREMEDAL teñen como obxectivo mellorar o estado de conservación, e a capacidade de afrontar as condicións adversas, dos tipos de hábitats turbófilos e higrófilos dentro do seu ámbito de actuación. No territorio de Galicia desenvolveranse accións concretas de conservación en diferentes humidais da provincia de Lugo pertencentes ao LIC Parga-Ladra-Támoga (ES120003).

Un dos lugares onde se levarán a cabo actuacións é a Lagoa de Cospeito (Cospeito, Lugo), onde se pretende incrementar os núcleos de poboación do cardi?o das lagoas (Eryngium viviparum Gay), aumentando o número de individuos e a súa área de ocupación dentro da súa área de distribución natural. Con este fin estableceuse un sistema de pequenas charcas que permita o encharcamento temporal de xeito prolongado (dende outono a inicios da primavera) e que no período estival se converta nun medio xérico.

O cardiño das lagoas é unha planta umbelífera que presenta unha ecoloxía pioneira, colonizando leitos lacunares ou preferiblemente herbazais higrófilos de escasa cobertura, propensos ao encharcamento invernal que son exonerados non obstante durante o período primaveral-estival. A distribución desta especie a nivel mundial redúcese na actualidade á Breta?a francesa e ao NW Ibérico (Galicia, Zamora e Portugal).

Esta especie prioritaria inclúese nos anexos II e IV da Directiva Hábitats, tamén se atopa no rexistro de especies en réxime de protección especial de acordo co Real Decreto 139/2011, e con respecto á súa protección a nivel do territorio galego inclúese na categoría de En Perigo de extinción.
 
Mais Información:
 
Proxecto: Life Tremedal (Enlace: Tremedal).
2013/12/12: Actuacións do proxecto Life Tremedal en Galicia
Compartir
 
Descargas
Voltar