Xoves, 10 de Xaneiro de 2013

2013/01/10: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal

Lanzamento da páxina web do proxecto LIFE TREMEDAL
 
A páxina web do LIFE TREMEDAL (TREMOAL en galego) recolle a información deste proxecto que ten como obxectivo mellorar o estado de conservación e garantir a supervivencia a longo prazo dalgúns dos tipos de hábitats e especies de interese comunitario asociados aos humidais continentais do norte da Península Ibérica.
 
Na páxina web pódense consultar os obxectivos do proxecto, as diferentes actividades que o integran e os lugares onde se van realizar nos territorios de Galicia, Asturias, Navarra e o País Vasco. Ademais recóllense os axentes encargados do correcto desnvolvemento do proxecto.
 
Ao longo da duración do proxecto (01/07/2012-31/10/2015) iranse colgando documentación xerada no contexto do proxecto LIFE TREMEDAL. Actualmente pódese descargar o folleto explicativo do proxecto e un pequeno conto infantil Drosera, no que contan as divertidas andanzas da nosa amiguiña polo tremoal
 
O proxecto LIFE TREMEDAL é coordinador por Asun BERASTEGI da empresa pública Gestión Ambiental, Viveros y Repoblaciones de Navarra (GAVRN). Sendo socios beneficiarios do mesmo o IBADER (Universidade de Santiago), INDUROT (Universidade de Oviedo), Deputación Foral de Alava e HAZI Kontsultoria SA (HAZI). Os labores de conservación e restauración en Galicia son coordinadas polo profesor Pablo RAMIL REGO do IBADER
 
 
Acceso a páxina web do proxecto: LIFE Tremedal (http://www.lifetremedal.eu/)
Información da Unión Europea sobre o proxecto LIFE Tremedal (Enlace: LIFE)
 
 
2013/01/10: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal
Compartir
 
Voltar