Martes, 06 de Novembro de 2012

2012/11/06: Presentación do libro: Ruta Botánica polo Campus de Lugo. Reserva da Biosfera terras do Miño, no IBADER.

Presentación do Libro:

Rigueiro Rodríguez, A.; Rodríguez Guitián, M.A. & Pereira-Espinel Plata, J. (2012). Ruta Botánica polo Campus de Lugo. Reserva da Biosfera Terras do Miño. Edita: Deputación Provincial de Lugo e Universidade de Santiago.
 
 
Mañá mércores día 7 de novembro, ás 12 horas, terá lugar no IBADER, Campus de Lugo o acto de presentación da publicación Ruta Botánica polo Campus de Lugo. Reserva da Biosfera Terras do Miño, coeditado pola Deputación de Lugo e a Universidade de Santiago, e da que son autores os investigadores da USC D. Antonio Rigueiro Rodríguez, D. Manuel Antonio Rodríguez Guitián e D. Javier Pereira-Espinel Plata.?O acto, ao que asistirán o Sr. Reitor, D. Juan Casares Long, e o Sr. Presidente da Deputación de Lugo, D. José Ramón Gómez Besteiro, desenvolverase ao longo dun pequeno percorrido polo Campus, comezando desde o IBADER, para co?ecer, seguindo as explicacións dos seus autores, algúns dos exemplares recollidos nesta obra.
 
No curso 2010-11 a Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade da USC, a través do Plan de Desenvolvemento Sostible, considerou a oportunidade de realizar o estudo e catalogación da flora le?osa do Campus de Lugo, como xa se fixera con anterioridade do Campus de Santiago, co obxectivo de po?er en valor o patrimonio natural da Universidade de Santiago. O traballo foi levado a cabo polos anteditos investigadores, quen elaboraron un completo catálogo das plantas, fundamentalmente leñosas, do Campus Universitario de Lugo, presentado en forma de Guía Botánica, con propostas de roteiros de distinta complexidade.
 
Recoñecendo o gran valor científico e didáctico deste traballo, a Deputación de Lugo amosouse interesada en contribuír a difundir e dar a coñecer o patrimonio natural da provincia, asumindo a financiación e produción técnica da obra coeditada por ambas institucións, que mañá se presenta neste acto, ao que están convidados.
2012/11/06: Presentación do libro: Ruta Botánica polo Campus de Lugo. Reserva da Biosfera terras do Miño, no IBADER.
Compartir
 
Voltar