Mércores, 20 de Febreiro de 2013

2013/02/20: Presentación do proxecto LIFE Tremedal ante o Consello de Goberno do IBADER.

Consello de Goberno do IBADER (2013/02/20).
 
O día 20 de febreiro presentouse ante o Consello de Goberno do IBADER o Proxecto LIFE+  "Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: “Xestión e Restauración de Turbeiras e Medios Higrófilos” (Life “Tremedal”, en galego “Tremoal”). A presentación foi realizada polo profesor Pablo Ramil-Rego, coordinador en Galicia do proxecto.
 
LIFE+ é o instrumento financieiro da Unión Europea dedicado ao medio ambiente e que ten como finalidade a cofinanciación de accións no ámbito da conservación da natureza e noutros ámbitos de itnerese europeo en materia de medio ambiente.
 
Na convocatoria LIFE do ano 2011, a Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea aceptou a cofinanciación do proxecto Life Tremedal (LIFE11NAT/ES/7007). Este proxecto desenvolverase nun conxunta de humidais continentais do norte da Península Ibérica pertencentes á Rede Natura 2000.
 
Os labores dese?ados te?en como obxectivo mellorar o estado de conservación e a capacidade de afrontar as condicións adversas dos tipos de hábitats turbosos e higrófilos no ámbito do proxecto. Para iso levaranse a cabo accións que mellorarán o nivel de co?ecemento dos hábitats e especies de turbeira e medios higrófilos do norte peninsular. Ademais de desenvolver accións concretas de restauración e a posta en práctica de medidas de xestión tanto in-situ como ex situ de hábitats e especies de interese comunitario.
 
Os seis socios que participan na execución do proxecto (Xestión ambiental de Navarra, Universidade de Oviedo, Universidade de Santiago de Compostela, Deputación foral de Álava, Ihobe e Consorcio Parque Nacional de Picos de Europa) representan entidades cunha ampla experiencia no estudio, análise e xestión dos espazos naturais incluídos dentro da Rede Natura 2000. Todos eles contan co apoio das institucións que ostentan as competencias en materia ambiental, polo que o proxecto está avalado por institucións e entidades das comunidades autónomas de Navarra, País Vasco, Asturias, Castela e León, Cantabria e Galicia.
 
En Galicia as accións son desenvolvidas polo Grupo de Investigación 1934 - Territorio & Biodiversidade (Laboratorio de Botánica & Bioxeografía) adscrito ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) do Campus de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela), contando co apoio e a colaboración da Dirección Xeral de Conservación de la Natureza (Xunta de Galicia) e da Deputación Provincial de Lugo.
 
A participación neste novo proxecto dará continuidade aos traballos que dende o ano 1997 a Xunta de Galicia, a Deputación Provincial de Lugo e o GI-1934 TB da Universidade de Santiago de Compostela ve?en desenvolvendo nos humidais da Cunca alta do río Mi?o, e que deron lugar a proxectos como a Restauración da Lagoa de Cospeito (1997-2000), o inventario e seguimento dos humidais de Galicia (2003), a declaración da Reserva de Biosfera de Terras do Mi?o (2002) e a execución das accións dun proxecto LIFE-Natureza entre os anos 2000 e 2005 (LIC Parga-Ladra-Támoga: Mellora de bosque inundable e lago distrófico). A execución destes proxectos constitúe a base sobre a que se articula o actual LIFE+ Tremedal dando así continuidade ás iniciativas emprendidas nas dúas últimas décadas.
2013/02/20: Presentación do proxecto LIFE Tremedal ante o Consello de Goberno do IBADER.
Compartir
 
Voltar