Xoves, 11 de Abril de 2013

2013/04/11: A Dirección Xeral de Conservación da Natureza somete a información pública os Plan de Recuperación do Oso Pardo e o proxecto de Decreto que aproba o Plan de Conservación da Pillara

Información: Especies Protexidas

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2013, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se someten a información pública e audiencia aos interesados o proxecto de decreto polo que se revisa o Plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos L.) en Galicia e o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia. DOG 70, 11/04/2013. (Descarga: DOG).
 
Texto da Resolución:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
 
O oso pardo (Ursus arctos L.) está incluído na categoría en perigo do Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas, mentres que a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) o está na categoría vulnerable. De acordo co artigo 15 deste decreto, a catalogación dunha especie implicará a elaboración dun plan de recuperación para as especies en perigo de extinción e dun plan de conservación para as especies vulnerables.
 
Mediante as resolucións do 29 de xuño de 2012 para o oso pardo e do 23 de marzo de 2012 para a píllara das dunas, iniciouse a tramitación e sometéronse a participación pública as propostas de decretos dos mencionados plans. Vistas as observacións recibidas neste procedemento, deuse unha nova redacción ás propostas dos proxectos de decretos que agora se tramitan para a súa aprobación. Segundo o artigo 17 do Decreto 88/2007, do 19 de abril, os documentos elaborados deberán someterse ao trámite de información pública e audiencia aos interesados que comparezan no expediente, tras a cal se redactará unha proposta de plan, que se elevará ao Consello da Xunta para a súa aprobación mediante decreto.
 
Por todo o exposto,
 
RESOLVO:
 
1. Someter a información pública e audiencia aos interesados os seguintes proxectos de decretos:
– Proxecto de decreto polo que se revisa o Plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos L.) en Galicia.
– Proxecto de decreto polo que se aproba o Plan de conservación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) en Galicia.
 
2. Para os devanditos efectos informativos poranse exemplares dos proxectos dos decretos á disposición dos interesados nas seguintes dependencias:
– Dirección Xeral de Conservación da Natureza-Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
– Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:
– A Coruña: rúa Vicente Ferrer, 2, 15071 A Coruña.
– Lugo: rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo.
– Ourense: rúa do Paseo, 18, 32071 Ourense.
– Pontevedra: rúa Fernández Ladreda, 43, 36071 Pontevedra.
– Así mesmo, poderase consultar o texto dos proxectos de decreto na seguinte páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:
http://www.cmati.xunta.es/seccion-tema/c/Conservacion?content=Direccion_
Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=Plans_en_tramitacion.html&sub=Especies_ameazadas/
 
3. As alegacións formularanse durante o prazo de corenta e cinco (45) días, que comezarán a contar a partir do seguinte ao día ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Poderán remitilas mediante escrito, dirixido á Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou ao enderezo de correo electrónico

biodiversidade2.cma@xunta.es
 
----------------------------------------------------------------
 
Fonte: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Descarga: DOG
2013/04/11: A Dirección Xeral de Conservación da Natureza somete a información pública os Plan de Recuperación do Oso Pardo e o proxecto de Decreto que aproba o Plan de Conservación da Pillara
Compartir
 
Voltar