Venres, 29 de Marzo de 2013

2013/03/29: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal

Programación de actuacións do proxecto LIFE Tremedal (Primavera-Verán: 2013)

Dentro das accións do Proxecto LIFE TREMEDAL contémplase o establecemento duna rede de intercambio e experiencia con outros proxectos que sexan relevantes para os obxectivos e accións propostos no proxecto. Neste sentido, o  GI-1934 TB - Biodiversidade (IBADER) vén de participar nun taller técnico do LIFE Higro "Conservación de hábitats de monta?a", no que se desenvolveron accións demostrativas para a conservación de hábitats prioritarios de monta?a no Norte de Portugal: os Queirogais húmidos atlánticos de Erica ciliaris e Erica tetralix (4020*) e as Formacións herbáceas con Nardus (6230*).

O grupo de investigación GI-1934 TB-Biodiversidade (IBADER) coordinado por Pablo Ramil Rego, está a desenvolver outras actividades do proxecto LIFE TREMEDAL, en concreto as accións preparatorias do mesmo. Estas, abranguen todo o territorio de Galicia, con especial atención aos Lugares de Importancia Comunitaria LIC Serra do Xistral e LIC Parga-Ladra-Támoga. Por outra banda, o GI-1934 TB tamén coordina e participa en actividades do proxecto TREMEDAL dirixidas ao territorio atlántico do Norte Peninsular en relación cos hábitats de humidais continentais abranguidos polo proxecto.

O proxecto LIFE TREMEDAL "Humidais continentais do Norte da Península Ibérica: Xestión e restauración de turbeiras e medios higrófilos" é un proxecto europeo de conservación da natureza, cuxo obxectivo é mellorar o estado de conservación dos tipos de hábitats turbosos e higrófilos, para o cal desenvolveranse medidas de xestión e de restauración dirixidas a paliar as diferentes causas que contribúen á degradación dos hábitats abranguidos no proxecto.

No desenvolvemento do proxecto TREMEDAL, concedido no ano 2012 e cunha duración de 3 anos, están implicadas 6 entidades públicas: Xestión Ambiental de Navarra SA (GAN), quen desenvolverá as distintas accións de coordinación; IBADER - Universidade de Santiago de Compostela (Galicia); INDUROT-Universidade de Oviedo (Asturias); Deputación Foral de Álava (País Vasco), IHOBE - Goberno Vasco (País Vasco) e o Consorcio do Parque Nacional de Picos de Europa (Asturias, Cantabria, Castela e León). Ademais, como colaboradores do proxecto atópanse: a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo, o Goberno do Principado de Asturias, o Xardín Botánico Atlántico, a Xunta de Castela e León, o Goberno Vasco, a Axencia Vasca da Auga e o Goberno de Navarra.
2013/03/29: Actuacións do proxecto LIFE Tremedal
Compartir
 
Voltar