Martes, 04 de Xullo de 2017

2017/07/04: Charla e inauguración exposición itinerante porxecto Wolf

O IBADER colabora na organización da exposición itinerante Proxecto Wolf: Wild life and farmers (Lobo, vida salvaxe e mundo rural). A exposición permanecerá durante os meses de xullo, agosto e setembro, no CIPX de Compostela (Centro de interpretación dos parques e xardíns de Compostela), situado no parque de Belvís en Santiago de Compostela.

A inauguración da mesma, terá lugar o martes día 11 coa proxección dun vídeo sobre a vida rural e o lobo e a conferencia “Coexistencia do lobo e o mundo rural” a cargo de Carlos Sanz, Biólogo, director de documentais e responsable do mantemento e manexo dos lobos no Centro do Lobo Ibérico de Castela e León.
2017/07/04: Charla e inauguración exposición itinerante porxecto Wolf
Compartir
 
Voltar