Martes, 18 de Xullo de 2017

2017/07/18: Segunda xornada do curso de verán: As plantas medicinais das Reservas de Biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses

Hoxe ten lugar a segunda xornada do curso de verán da USC "As plantas medicinais no desenvolvemento sostible das Reservas de Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá", que se desenvolve polas serras orientais da provincia de Lugo.

 

A primeira hora, os alumnos desplazáronse ata O Cebreiro para coñecer, da man da prof. Dª Rosa Romero, unha poboación silvestre de xanzá (Gentiana lutea), para logo viaxar ata o Alto do Couto, no concello de Folgoso do Courel, onde visitaron unha poboación natural de árnica (Arnica montana); antes de xantar, realizaron unha rota a pe entre as localidades de Esperante e Seoane do Courel, na que recibiron nocións por parte de Maria Moure sobre o uso tradicional de diversas plantas silvestres presentes ao longo do percorrido.

 

A sesión de tarde desenvolveuse na aula da Estación Científica do Courel, na que se impartiron sendas charlas sobre a importancia económica do aproveitamento das plantas medicinais, a cargo de Dª Ruth María Barros Camba e sobre o uso de plantas medicinais na Serra do COurel, impartida por Dª María Moure. 

2017/07/18: Segunda xornada do curso de verán: As plantas medicinais das Reservas de Biosfera Terras do Miño e Os Ancares lucenses
Compartir
 
Voltar