Luns, 22 de Outubro de 2018

2018/10/22: Acto de presentación nova publicación no IBADER

Presentación da nova Serie de Monografías do IBADER : Recursos Alimentarios

O vindeiro venres día 26 de outubro as 12 do mediodía, terá lugar, na aula Luciano Sánchez García do IBADER, a presentación da monografía que inaugura a Serie Recursos Alimentarios. As Monografías do IBADER publican Teses de doutoramento, revisións, documentos científicos e técnicos, así como a reedición de obras fundamentais.

A nova serie Recursos Alimentarios inicia a súa andaina coa publicación dos resultados da xornada “Cales son as respostas ás cuestións expostas dende a Cátedra do Pan e do Cereal?” celebrada en Lugo en 2017 co gaio do primeiro aniversario da creación da Cátedra do Pan e do Cereal da USC. A monografía titulada: "Respostas ás preguntas sobreo pan e o cereal do país", está coordinada por Mª Ángeles Romero Rodríguez e Santiago Pereira Lorenzo.

Ao final do acto servirase un viño galego.
 
2018/10/22: Acto de presentación nova publicación no IBADER
Compartir
 
Voltar