Venres, 21 de Decembro de 2018

2018/12/21: Consello Galego de Medio Ambiente: PRUX Parque Nacional

Consello Galego de Medio Ambiente

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, manifestou esta mañá que o obxectivo do Goberno galego é aprobar en 2019 a nova Lei de ordenación do territorio. Nese sentido, aclarou que é necesario superar unha serie de trámites e consultas sobre dito texto; polo que esta mañá presentouse no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Cogamads) o anterproxecto para que este órgano consultivo analice o seu texto e se pronuncie ao respecto.

A conselleria defendeu que coidar do medio ambiente e favorecer o desenvolvemento sostible tamén se pode acadar a través da definición de ferramentas, como a futura Lei de ordenación, que protexan e poñan en valor a paisaxe, o territorio e o urbanismo de Galicia, procurando asentar un urbanismo responsable e ordenado.

Recordou que a necesidade desta lei está ampadara no feito de que está obsoleta, tras 20 anos de vixencia da actual, e dar resposta aos retos sinalados pola Estratexia Europea de Ordenación do Territorio, que fixa un triplo obxectivo: a cohesión económica e social, a conservación dos recursos naturais e do patrimonio cultural e a competitividade equilibrada do territorio europeo.

Outro dos puntos que integraban a orde do día da reunión celebrada hoxe foi a aprobación do Plan reitor de uso e xestión do Parque Nacional da Illas Atlánticas, que vén de acadar o visto bo do Consello da Rede de Parques Nacionais. Vázquez Mejuto destacou que con estas dúas aprobacións se avanzan pasos importantes para que o único parque nacional que hai na Comunidade galega acade a declaración de Patrimonio da Humanidade, que otorga a Unesco.

Agradeceu o traballo do Consello Galego de Medio Ambiente en torno a este proxecto, que é un recoñecemento ao traballo capitaneado durante meses polo Goberno galego para dotar ao Parque Nacional das Illas Atlánticas dun completo plan de xestión. Indicou que se trata dun documento completo que ten en conta todas as visións e que rexerá durante a vindeira década.

Indicou que se trata dun plan no que se teñen en conta as sensibilidades e opinións de todos os entes que teñen influencia no Parque, unha visión que se recolleu no procedemento de información pública grazas ás 85 alegacións, das cales se aceptaron parcialmente 62.

Fonte: Xunta de Galicia
Enlace: Noticias
 

 
2018/12/21: Consello Galego de Medio Ambiente: PRUX Parque Nacional
Compartir
 
Voltar