Venres, 21 de Xuño de 2019
2019/06/21: Premio de Investigación Rafael Crecente Maseda
2ª Edición do Premio de Investigación Rafael Crecente Maseda a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial (2019).
O Consello Científico do IBADER acordou conceder o Premio "Rafael Crecente Maseda" a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial a Dª Eliska Fárková.
A proposta gañadora, titulada "A Cova", está orientada á valorización do patrimonio etnográfico relacionado coa viticultura e o mundo do viño na comarca de Valdeorras, e a súa utilización como ferramenta de dinamización económica, social e cultural.
A entrega do Premio terá lugar num acto público na Casa do Saber o vindeiro xoves 27 de Xuño ás 19:00. O acto contará tamén cunha charla impartida polo Dr. Xavier Simón, Profesor Titular de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.
:-------------------------------------------------------------------------------------------
Casa do Saber:
Edificio da Vicerreitoria de Coordinación do Campus de Lugo. Praciña da Universidade s/n.
Lugo.
Nota: O edificio atopase próximo a Catedral de Lugo.