Xoves, 09 de Maio de 2019

2019/05/09: Equipo de coordinación (VI) de LIFE BACCATA

O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790) celebrou o xoves 9 de maio de 2019 en Carrión de los Condes (Palencia), a sexta reunión do seu equipo de coordinación. Neste novo encontro tratáronse diversos aspectos relativos ao progreso das accións do proxecto durante o ano 2018, así como se coordinaron e planificaron diversas tarefas a realizar no ano 2019.



Aproveitouse a reunión para planificar a terceira visita do equipo externo de  monitoreo de NEEMO, para avaliar o progreso do proxecto.
 
O beneficiario coordinador do proxecto LIFE BACCATA é o IBADER do Campus de Lugo da USC, e conta con outros 3 beneficiarios asociados: Fundación CESEFORJunta de Castilla y León e HAZI Fundazioa. O orzamento global son 1.925.104 €, cofinanciado pola Unión Europea nun 75% (1.441.649 €), proporción que supón o máximo que outorga a convocatoria LIFE para aqueles proxectos que son considerados como prioritarios para a súa execución e posta en marcha.

O proxecto LIFE BACCATA posúe como obxectivo a mellora do estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 9580* “Bosques mediterráneos de Taxus baccata” en 15 Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica, mediante o incremento da súa área de ocupación, a mellora da súa estrutura e funcionalidade, así como das súas perspectivas futuras. O proxecto abrangue igualmente unha serie de medidas de difusión e transferencia dos resultados acadados, así como un programa de información e sensibilización ao público en xeral sobre a importancia do hábitat 9580*, os valores da biodiversidade albergada, e os servizos prestados polos ecosistemas abordados polo proxecto.
 
 
2019/05/09: Equipo de coordinación (VI) de LIFE BACCATA
Compartir
 
Voltar