Martes, 21 de Maio de 2019

2019/05/21: Visita anual de seguimento a LIFE BACCATA

Os pasados luns e martes 20-21 de maio de 2019 celebrouse a terceira visita anual de seguimento do equipo externo de NEEMO, representado por Ainhoa Darquistade Fadrique, ao proxecto LIFE BACCATA.
 
O proxecto LIFE BACCATA, coordinado polo IBADER co Campus de Lugo, pretende a mellora do estado de conservación do tipo de hábitat prioritario 9580* “Bosques mediterráneos de Taxus baccata” en 15 Espazos Protexidos da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica e pertencentes a Galicia, Castilla y León, e Euskadi, mediante o incremento da súa área de ocupación, a mellora da súa estrutura e funcionalidade, así como das súas perspectivas futuras. O proxecto abrangue igualmente unha serie de medidas de difusión e transferencia dos resultados acadados, así como un programa de información e sensibilización ao público en xeral sobre a importancia do hábitat 9580*, os valores da biodiversidade albergada, e os servizos prestados polos ecosistemas abordados polo proxecto.
 
Ao acto asistiron o resto de beneficiarios asociados de LIFE BACCATA (TRAGSAHAZICESEFORJunta de Castilla y León), quenes participaron presentando ao equipo de seguimento os progresos do proxecto nos seus respectivos ámbitos de actuación. Esta reunión de seguimento técnico, económico e administrativo foi celebrada o 20 de maio pola tarde na sede Diputación Foral de Gipuzkoa, situada en Donosti.
 
Xa durante a xornada do martes 21 de maio, os asistentes á reunión desplazáronse ás ZEC Pagoeta (ES2120006) e Aralar (ES2120011), os espazos onde o proxecto está a desenvolver as accións concretas de conservación no marco de LIFE BACCATA en Euskadi.
 


A xornada resultou de gran proveito a todos os asistentes, permitindo avaliar o grao de cumplimento do proxecto, solventar as dúbidas surxidas, e poder aportar indicacións e orientacións a todos os socios que permitan unha mellor implementación das accións consideradas.
2019/05/21: Visita anual de seguimento a LIFE BACCATA
Compartir
 
Voltar