Non realizar aquelas prácticas selvícolas que provoquen unha diminución da superficie ocupada polo hábitat 9580*, afectando negativamente o estado de conservación do tipo de hábitat, de acordo ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Establecemento de medidas de conservación e recuperación do hábitat 9580* encamiñadas especialmente a aumentar a superficie ocupada por este, susceptibles de xerar un estado de conservación favorable do tipo de hábitat. |
Regular a afluencia turística de visitantes aos teixadais naqueles casos en que os efectos dos visitantes causan unha afección significativa sobre o estado de conservación do tipo de hábitat, establecendo as cotas máximas, épocas e itinerarios de acordo á estimación da capacidade de carga destas formacións arboradas, de acordo ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Realización de actividades científicas en teixadais debidamente autorizadas polo organismo competente en materia de conservación da natureza, establecendo prazos, itinerarios, visitas, etc., e por suposto prohibindo o abandono de material científico e obrigando á recollida deste, ao amparo do Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Establecemento de zonas de control de herbivoría dentro dos teixadais (9580*) naqueles casos en que esta cause unha deterioración na estrutura e composición florística do hábitat 9580*, para contribuír á recuperación da cobertura das especies características do sotobosque, e en consecuencia a estrutura e composición do tipo de hábitat 9580*. |
Non realizar actuacións selvícolas sobre o dosel arbóreo dos teixadais que poden levar asociado un incremento da abundancia ou crecemento rápido de especies arboradas alleas ao tipo de hábitat 9580*, de forma que as devanditas actuacións se consideran contrarias para o mantemento dun estado de conservación favorable de acordo ao Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia (Decreto 37/2014). |
Posta en marcha de actuacións que contribúan á minimización do risco de ocorrencia de incendios forestais que poidan causar unha afección significativa sobre o estado de conservación do tipo de hábitat 9580*, de cara a conseguir unha mellora das súas perspectivas futuras e en consecuencia do seu estado de conservación favorable. |