Mércores, 31 de Xullo de 2019

2019/07/31: Publicada nova monografía do IBADER da Serie Biodiversidade sobre especies exóticas invasoras

Presentación da Monografía "Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación" da Serie BIodiversidade

Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.) (2019). Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade.
 
O IBADER en colaboración co CEIDA, ven de publicar unha nova monografía da súa serie Biodiversidade. A monografía aborda a problemática e a situación en torno a perda de biodiversidade causada pola crecente afección das especies exóticas invasoras sobre as especies e os hábitats naturais e seminaturais. Froito da colaboración entre o IBADER e o CEIDA, a publicación recolle os relatorios presentados durante o transcurso do seminario formativo “Especies exóticas invasoras: situación e propostas de mitigación”, organizado polo CEIDA e celebrado no castelo de Santa Cruz (Oleiros) durante o mes de outubro de 2017.

Acceso a descarga da publicación
2019/07/31: Publicada nova monografía do IBADER da Serie Biodiversidade sobre especies exóticas invasoras
Compartir
 
Voltar