Luns, 02 de Setembro de 2019

2019/09/02: Inaugurado o Curso de Verán sobre Reservas da Biosfera no IBADER

Este luns 2 de setembro de 2019, ás 10:00 h inaugurouse o Curso de Verán "O PATRIMONIO NATURAL E A BIODIVERSIDADE NAS RESERVAS DE BIOSFERA".



Ao acto inaugural acudiu Ana González Abelleira, en representación da Deputación de Lugo, Montserrat Valcárcel en calidade de Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, e Pablo Ramil Rego como Director do IBADER.



O Curso conta con 23 matriculados, e constará de 4 xornadas nas que participarán un total de 5 poñentes que achegarán aos alumnos as novas tendencias e obxectivos nas Reservas de Biosfera.

2019/09/02: Inaugurado o Curso de Verán sobre Reservas da Biosfera no IBADER
Compartir
 
Voltar