Luns, 14 de Outubro de 2019
2019/10/14: Obradoiro de avaliación dos parques eólicos sobre as turbeiras de cobertor
Durante os días 18 e 19 de outubro, o IBADER do Campus Terra (Lugo) da Universidade de Santiago de Compostela, en colaboración coa Escola de Ciencias Animais, Rurais e Medioambientais (School of Animal, Rural and Environmental Sciences) da Nottingham Trent University, van a desenvolver un Obradoiro no que se analicen as distintas ferramentas dispoñibles na actualidade para avaliar o impacto ambiental que os parques eólicos causan sobre o estado de conservación das turbeiras de cobertor das Serras Setentrionais de Galicia.
As turbeiras de cobertor son un tipo de hábitat cuxa conservación se considera prioritaria ao abeiro da DC 92/43/CEE, razón pola cal foi designado o Espazo Natura 2000 ZEC Serra do Xistral (ES1120015), nas Serras Setentrionais de Galicia. Dente a implantación dunha gran cantidade de parques eólicos neste macizo montañoso, distintos traballos científico-técnicos puxeron de manifesto unha afección negativa dos seus elementos construtivos (muíños, pistas, subestacións, etc.) sobre o complexo de turbeiras de cobertor da Serra do Xistral.
O obradoiro persegue a análise e incremento do coñecemento de metodoloxías que permitan avaliar o impacto ambiental que os distintos elementos dos parques eólicos causan sobre o estado de conservación das turbeiras de cobertor. Esto capacitará aos asistentes para levar a cabo avaliacións máis axeitadas, empregando o estado do arte nestas disciplinas. Para tal finalidade, afondarase na posta en marcha de experiencias demostrativas de distintas metodoloxías de cálculo, permitindo aos asistentes do obradoiro intercambiar experiencias na materia que permitan xerar un importante coñecemento.