Martes, 22 de Outubro de 2019

2019/10/22: Obradoiro internacional sobre restauración e mellora dos teixadais (hábitat 9580*) no Norte da Península Ibérica

O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790), dentro das súas accións de intercambio de información con outros proxectos e experiencias, celebrará os días 4 e 5 de novembro un obradoiro internacional no Parque Nacional da Peneda-Gerês (Terras de Bouro, Portugal), localidade de actuación do LIFE TAXUS (LIFE12 NAT/PT/000950), proxecto que na actualidade se atopa xa rematado.

A visita persegue o intercambio de experiencias co Instituto Nacional da Conservaçao da Natureza e das Florestas (ICNF), organismo público competente na xestión dos espazos protexidos en Portugal, e en consecuencia da Rede Natura 2000 e do propio Parque Nacional da Peneda-Gerês, que na actualidade está a garantizar as actuacións After-LIFE do LIFE TAXUS.
2019/10/22: Obradoiro internacional sobre restauración e mellora dos teixadais (hábitat 9580*) no Norte da Península Ibérica
Compartir
 
Voltar