Xoves, 02 de Xaneiro de 2020

2020/01/02: Publicado o novo número da revista Recursos Rurais, adicado a controversia en torno ao Eucalipto en Galicia

Publicado o número 15 da revista Recursos Rurais. Este ano adicado a controversia en torno ao Eucalipto en Galicia.

A superficie ocupada polas masas de eucaliptos incrementouse nos albores do século XXI para converterse na formación forestal que maior superficie ocupa en Galicia, relegando aos bosques a un papel meramente testemuñal. A expansión e eucaliptización do territorio galego e as consecuencias deste cambio a nivel ambiental, económico e social foi obxecto de múltiples formulacións e discusións.

Recentemente a Deputación de Lugo en colaboración co IBADER organizo unha xornada técnica sobre o Eucalipto que espertou un gran interese entre o numeroso público.

Máis recentemente, a Universidade de Santiago a través do proxecto Regeifas de Ciencia, organizou un encontro sobre o eucalipto no que participaron como oradores Francisco Díaz-Fierros Viqueira, Francisco Marey Pérez, Adolfo Cordeiro Rivera e Serafín González Prieto. O impacto deste evento motivou o interese por parte do Comité Editorial de revísta Recursos Rurais, en contribuír á difusión deste a través dun número especial, no que se presentan os distintos relatorios. Agradecemos pois aos organizadores das Regeifas de Ciencia e aos oradores, a súa aberta disposición a colaborar na configuración deste número.

Aceso e Descarga de artigos
 
2020/01/02: Publicado o novo número da revista Recursos Rurais, adicado a controversia en torno ao Eucalipto en Galicia
Compartir
 
Voltar