O devandito taller escolar tiña como obxectivo ensinar, concienciar e divertir aos escolares acerca da importancia dos corredores fluviais para a conservación da biodiversidade e a mellora do benestar da poboación. E como ferramenta ideal para divulgar e levar a mensaxe aos máis pequenos, pensouse en continuar co labor iniciado en LIFE FLUVIAL co desenvolvemento do número de Os Bolechas "
Van polo río". Os Bolechas, de Edicións Bolanda, son a maior revelación editorial de Galicia dende o ano 2000, converténdose nun fenómeno cultural que deu o salto a múltiples formatos acadando un éxito sen precedentes. A súa última iniciativa denomínase "Braulio Tuber": Braulio, un dos seus personaxes, visita colexios de distintas vilas de Galicia abordando diferentes aspectos formativos, preguntando aos escolares acerca de medio ambiente, cultura, tradición, etc., baixo un actual formato baseado en redes sociais. Braulio Tuber alcanzou unha grande popularidade entre os máis pequenos, e na actualidade vai pola súa terceira tempada.