Luns, 23 de Novembro de 2020

2020/11/23: Presentación do libro: Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel

Presentación na Deputación de Lugo do libro: Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel, elaborado polos investigadores da USC Antonio Rigueiro e Julián Alonso e editado polo IBADER.
 
O traballo é froito de máis de tres anos de observacións sobre o terreo e recolle 513 especies de macromicetes, cunha ampla e detallada descrición de 410 especies. O catálogo inclúe 322 especies que non se rexistraron con anterioridade na serra de O Courel, 109 que son descritas por primeira vez na provincia de Lugo, 48 que non estaban descritas en Galicia e cinco que son novidade na Península Ibérica. Entre as especies recollidas neste inventario figura Simocybe serrulata, primeira cita rexistrada en Europa, cuxa presencia soamente indicouse en Estados Unidos e Canadá.
 
Para a elaboración do seu traballo os autores contaron coa colaboración de varias persoas e entidades, como a  Sociedade  Micolóxica Lucense e a asociación de desenvolvemento rural Serra  do Courel.
 
A obra publícase dentro da serie Cadernos da Estación Científica do Courel, que edita o Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), en colaboración coa Estación Científica do Courel, contando para levar a cabo este traballo dunha axuda da Deputación de Lugo. A obra publícase en dixital, con acceso libre a través da páxina web do IBADER, así como noutros servidores bibliográficos nacionais e internacionais.
 
Doutra banda, a Deputación editou tamén un caderno de divulgación que é igualmente obra de Rigueiro e Alonso. Titúlase  Micoloxía non xeodestino Ancares-Courel e consiste nunha guía de campo para axudar aos afeccionados para descubrir algunhas das numerosas especies presentes no territorio. Incluíndo once especies comestibles e once tóxicas que se consideran especialmente representativas. O caderno comprende así mesmo unha sección sobre boas prácticas na observación e recolección de cogomelos silvestres. Esta publicación, de carácter divulgativo, ten en total vinte e oito páxinas e foi editada en galego e castelán.

Mais información:

http://www.deputacionlugo.gal/gl/node/74667

Descarga do libro
 
2020/11/23: Presentación do libro: Catálogo da macromicobiota das montañas do Courel
Compartir
 
Voltar