Martes, 21 de Setembro de 2021

21/09/2021: Todas as poboacións de lobo ibérico, incluidas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial.


El lobo ibérico incluido en el listado LESPRE

Todas as poboacións de lobo ibérico (Canis lupus signatus) quedan incluídas na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESPRE), tras a publicación hoxe no BOE da orde ministerial que modifica o desenvolvemento desta listaxe. A orde recibiu o aval do Consello de Estado que, despois de estudar as alegacións de organizacións conservacionistas e gobernos autonómicos, considerou que a decisión de incluír ao lobo no LESPRE está suficientemente motivada, conta cunha base científica sólida e responde ao principio de precaución. A orde entrará en vigor mañá 22 de setembro tras a súa publicación hoxe no BOE. O novo marco xurídico unificará o nivel de protección da especie en todo o territorio, así como as medidas preventivas, indemnizacións e os mecanismos de control para evitar e paliar os danos por ataques á gandería extensiva.
 
A orde ministerial fai extensiva a todas as poboacións de lobos do país o mesmo nivel de protección con que ata o de agora só contaban as mandas radicadas en territorios ao sur do Douro. A inclusión do conxunto de poboacións de lobo no LESPRE que agora queda sancionada responde á importancia da especie como patrimonio cultural, científico, así como polos servizos ambientais que produce a presenza deste carnívoro nos ecosistemas, e recibiu o apoio da Comisión Estatal para o Patrimonio Natural e a Biodiversidade na súa reunión do 4 de febreiro pasado.
 
A decisión conta tamén co respaldo do informe de avaliación do Comité Científico emitido en 2020, que entende que o estancamento da poboación de lobo ibérico observado nos últimos anos e a conxelación da súa área de distribución -a pesar da existencia de hábitats adecuados para o seu desenvolvemento máis aló do noroeste peninsular-, produciuse como consecuencia da elevada taxa de mortaldade non natural que soporta a especie, motivo polo cal o seu estado de conservación entra dentro da categoría de desfavorable-inadecuado. Por tanto, é “necesario promover un cambio no modelo de xestión que as comunidades autónomas afectadas aplicaron ata a data”.

Máis información en: enlace
21/09/2021: Todas as poboacións de lobo ibérico, incluidas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial.
Compartir
 
Voltar