2021/09/28: Acto de entrega da IV Edición dos Premios Rafael Crecente
V Edición dos Premios “Rafael Crecente”
a Iniciativas Innovadoras de Gestión Territorial
Acto de entrega da IV Edición dos Premios “Rafael Crecente”
Nerea Fernández Canto e Olga Vallejo López recibiron os galardóns outorgados no certame promovido polo IBADER xunto co LaboraTE da USC. O acto foi celebrado en liña o 28/09/2021 e incluiu un relatorio da investigadora da Universidade de Porto Ângela Lomba.
A cerimonia de entrega dos galardóns da cuarta edición dos Premios Rafael Crecente a Propostas Innovadoras en Xestión Territorial desenvolveuse en liña o martes 28 de setembro, as 12.00 horas. A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, foi a encargada de abrir este acto, que comezará cun relatorio a cargo da investigadora do Centro de Investigación e Biodiversidade e Xenética da Universidade de Porto Ângela Lomba.
O xurado desta edición do premio destacou a alta calidade das propostas recibidas e acordou distinguir a candidatura presentada por Nerea Fernández Canto, que acadou o primeiro dos galardóns establecidos nas bases da convocatoria e dotado cunha gratificación en metálico de 2.000 euros, ademais de diploma acreditativo, co traballo ‘Verificación dun sistema que garanta a orixe das fariñas e do pan de trigo autóctono de Galicia mediante o uso de marcadores moleculares e técnicas microscópicas’. A segunda candidatura máis valorada polo tribunal responsable de fallar os IV Premios Rafael Crecente de Propostas Innovadoras de Xestión territorial é a presentada baixo o título ‘Proposta de proxecto permacultural: Espiral Crecente’. A autora desta proposta, Olalla Vallejo López recibirá como agasallo unha gratificación en metálico de 1.000 euros, ademais de diploma acreditativo.