Nº 15.- Decembro 2019

Número adicado a controversia en torno ao Eucalipto en Galicia. Publica os relatorios dos poñentes participantes no encontro Regueifas de Ciencia, organizado pola USC en torno ao debate sobre o Eucalipto.

A serie Científico-Técnica de Recursos Rurais publica artigos, revisións, notas de investigación e reseñas bibliográficas. Os traballos presentados a Recursos Rurais serán sometidos á avaliación confidencial de dous expertos alleos ao equipo editorial, seguindo criterios internacionais.
 
O envío dun manuscrito implica: que o traballo non foi publicado con anterioridade, excepto como resumo ou como parte dun libro, revista ou tese doutoral; que non se está considerando a súa publicación noutro medio; que todos os autores e se for preciso as autoridades do centro onde desenvolven o seu traballo, aceptan a súa publicación; cando o manuscrito sexa aceptado para a súa publicación, os autores aceptan ceder automaticamente o copyright á revista; o manuscrito non será de novo publicado en calquera medio ou idioma sen o consentimento dos titulares do copyright.

Recursos Rurais non se responsabiliza da opinión nin dos contidos dos artigos.

Resultado de imagen de CC BY-NC-ND
Nº 15.- Decembro 2019
 
Descargas
  • Sumario/Summary
  • Número completo
  • O Eucalipto en Galicia
    Ramil-Rego, P.
  • Regueifas de Ciencia
    Sánchez Piñon, L. · Vicente, M.
  • A árbore da discordia. Efectos do eucalipto sobre os recursos hídricos, solos e biodiversidade en Galicia
    Díaz-Fierros Viqueira, F.
  • O eucalipto é como o estado: chupa e leva todo para el
    Cordero-Rivera, A.
  • O eucalipto: problema ou oportunidade?
    Marey Pérez , M.F.
  • Efectos dos eucaliptos sobre os ecosistemas ibéricos. Unha revisión
    González Prieto, S.J. · SGHN
Voltar