Serie Cursos (01): 2004
Merino, A. & Omil, B. (Coord.). (2004). Xestión de Solos Forestais: produción sostible e calidade ambiental. Recursos Rurais. Serie Cursos - 1. Universidade de Santiago. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). Lugo.
O presente volume, o primeiro da serie Cursos da revista Recursos Rurais, Xestión de Solos Forestais: produción sostible e calidade ambiental recompila, de maneira didáctica, as importantes funcións que desempeña o solo nos sistemas forestais. Abordanse unha serie de coñecementos que xeralmente non se inclúen na docencia de primeiro e segundo ciclos universitarios, pero que son necesarios para resolver as actuais esixencias ambientais e de produción no sector forestal.
O contido da publicación organizouse en diferentes temáticas: Propiedades e limitacións dos solos para a xestión forestal sostible, Xestión sostible de solos forestais, Conservación e recuperación de solos forestais, Solos forestais e calidade ambiental.
Autores: Agustín Merino & Beatriz Omil
Título: Xestión de Solos Forestais: produción sostible e calidade ambiental
Recursos Rurais - Serie Cursos, nº 1.
Ano: 2004.
ISSN: C-2188-2004
Depósito Legal: 1698-5427
Copyright: IBADER