Hábitats de Galicia. Tomo-1 (2008)

 
Ramil Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A., Hinojo Sánchez, B.A., Rodríguez González, P.M., Ferreiro da Costa, J., Rubinos Román, M., Gómez-Orellana, L., de Nóvoa Fernández, B., Díaz Varela, R.A., Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER-Serie Biodiversidade. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. 
 
No procedemento de configuración e implementación da Rede Natura 2000, a información ambiental, referida aos tipos de hábitats e especies incluídas nos anexos da DC 92/43/CEE, convértese nun elemento esencial no deseño, xestión e seguimento das áreas protexidas e da propia rede. Non obstante, en moitas áreas xeográficas, a información existente é escasa, ou presenta deficiencias en canto á xeorreferenciación dos seus compoñentes. Esta situación vese agravada no caso dos hábitats, cando se trata de protexer elementos que ata o momento tiveran un escaso interese entre as políticas nacionais de conservación, ou mesmo de hábitats cuxa análise e distribución non foran obxecto de estudios científicos en grandes áreas territoriais.

O presente traballo formulouse co obxectivo, de efectuar unha primeira avaliación da diversidade dos tipos de hábitat do Anexo I da DC 92/43/CEE presentes en Galicia, contextualizándoo con outras áreas da Península Ibérica e da propia Unión Europea.

Adicado ao ilustre botánico Baltasar Merino y Román (1845,1917), no centenario da publicación da Flora ilustrada e Descritiva de Galicia (1905-1909).

Autores: Pablo Ramil Rego; Manuel Antonio Rodríguez Guitián; Boris Alejandro Hinojo Sánchez; Patricia María Rodríguez González; Javier Ferreiro da Costa; Marco Rubinos Román; Luis Gómez-Orellana Rodríguez; Belén de Nóvoa Fernández; Ramón Alberto Díaz Varela; Susana Martínez Sánchez & Carmen Cillero Castro
Título: Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial.
Ano: 2008.

Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.

ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1988-8341

Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: IBADER
Hábitats de Galicia. Tomo-1 (2008)
 
Descargas
  • Libro completo
Voltar