Ramil-Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A. Ferreiro da Costa, J. & Gómez-Orellana, L. (Eds.) (2023). Conservación y restauración de los bosques de tejo en Europa. Monografías do IBADER. Serie Biodiversidade. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Nesta publicación, recompiláronse textos temáticos de carácter técnico, científico ou divulgativo, dando cabida tanto a traballos que proveñen de teses doutorais, traballos fin de grao/máster, revisións, recensións, notas corolóxicas, traballos empíricos (de campo ou laboratorio), comunicacións curtas, etc. En consecuencia, a obra que agora publica o IBADER, a través da súa serie Monografías do IBADER, vén servir como fonte de continuación das xornadas internacionais do tezo celebradas en España entre os anos 2007 e 2014, e contribuír a incrementar o coñecemento e información xerados polos proxectos TAXUS (LIFE11 NAT/É/000711) e LIFE TAXUS (LIFE12 NAT/PT/000950) entre os anos 2014 e 2017.
O proxecto LIFE BACCATA (LIFE15 NAT/ES/000790), executado entre 2016 e 2021, foi cofinanciado ao 75% pola Comisión Europea, e posibilitou a mellora do estado de conservación do hábitat 9580* (Bosques mediterráneos de Taxus baccata) en 15 lugares da Rede Natura 2000 da Cordillera Cantábrica repartidos entre Galicia, Castilla y León, e País Vasco. Esta publicación, prevista no Plan After-LIFE BACCATA elaborado durante a execución do proxecto, é unha das actuacións que se desenvolven tras a súa finalización, asegurando a continuidade e a difusión da aprendizaxe e o coñecemento xerado. Os contidos desta publicación reflexan únicamente a opinión dos autores, non sendo responsable a Comisión Europea do uso que poida facerse da información que conten.
Autor: Ramil-Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A. Ferreiro da Costa, J. & Gómez-Orellana, L. (Eds.).
Título: Conservación y restauración de los bosques de tejo en Europa.
Ano: 2023.
Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.
ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1988-8341
Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: IBADER