Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2012. (2012)


Ramil-Rego, P., Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J. (2012). Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2012. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo. p 661.
 
A Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade establece o réxime xurídico básico da conservación, uso sostible, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade española, como parte de deber de conservar e do obxectivo de garantir os dereitos das persoas a un medio ambiente axeitado para o seu benestar, saúde e desenvolvemento. Os principios que inspiran a Lei do Patrimonio Natural e da Biodiversidade céntranse, dende a perspectiva da consideración do propio patrimonio natural, no mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e dos sistemas vitais básicos, na preservación da diversidade biolóxica, xenética, de poboacións e de especies, e na preservación da variedade, singularidade e beleza dos ecosistemas naturais, da diversidade xeolóxica e da paisaxe. No presente documento analízase por tanto, o patrimonio natural e a biodiversidade de Galicia e en particular dos Espazos Naturais da Rede Natura 2000. Para iso avalíase nun primeiro punto a bioxeografía do territorio galego centrándose no encadre territorial, o relevo, o clima, a hidroloxía e finalmente a sectorización bioxeográfica do mesmo. Un segundo apartado refírese á xeodiversidade a partir dunha análise da litoloxía e os solos galegos e das áreas de interese xeolóxico e xeomorfolóxico presentes no territorio. No seguinte punto analízase a paisaxe galega a partir dos diferentes tipos da paisaxe en Galicia. Mentres que nos dous apartados seguintes analízanse os compoñentes clave da biodiversidade (hábitats de interese comunitario e especies de interese para a conservación) ademais dunha análise da flora e fauna invasora presente no territorio galego.
 
Autores: Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J.
Título: Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2012.
Ano: 2012.

Edita: IBADER. Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural. Universidade de Santiago de Compostela, Campus Universitario s/n. E-27002 Lugo, Galicia.
 
ISSN edición impresa: 1888-5810
ISSN edición dixital: 1888-8341
Depósito Legal: C 173-2008
Copyright: IBADER
Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2012. (2012)
 
Descargas
  • Tomo entero: Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: ano 2012
  • Parte I
  • Parte II
Voltar