Xestión de residuos orgánicos de uso agrícola

López Mosquera, ME. & Sainz Osés, M.J. (Coords.) (2011). Guía de residuos orgánicos de uso agricola. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións. Universidade de Santiago de Compostela.
 

A actividade gandeira, especialmente a realizada en explotacións de carácter intensivo, xera gran cantidade de deiecións, que constitúen un recurso valioso como emendae fertilizante en terreos agrícolas. Sen embargo, en moitos casos, seu exceso as convirte en residuos e a súa mala xestión no problema ambiental máis importante orixinado por este tipo de explotacións. Orixínanse ademais outros residuos e subprodutos (subprodutos animais, residuos sanitarios, etc.), cuxo aproveitamento e/ou eliminación debe xestionarse axeitadamente. Por outra banda, no medio agrícola, cada vez empréganse máis materiais orgánicos e subprodutos procedentes da industria agroalimentar, que deben ser estudados en profundidade antes da súa aplicación no campo. A súa valorización como emendas e fertilizantes debe facerse tendo en conta o marco legal vixente, sen orixinar problemas de tipo ambiental ou sanitario.

Este libro recolle seminarios impartidos no Curso de experto en xestión de residuos xerados nas explotacións agrogandeiras e nas industrias agrarias de transformación, organizado, dende ocurso académico 2005-2006, polo Instituto de Biodiversidade Agraria y Desenvolvemento Rural da Universidade de Santiago de Compostela, dentro da programación de postgrao. Estruturase de forma que se presentan en primeiro lugar distintos artigos relacionados coas principais implicacións ambientais da fertilización orgánica (cambio climático, eutrofización, contaminación por metais), para continuar con distintas experiencias sobre o aproveitamento de distintos materiais orgánicos orixinados en explotacións gandeiras e agroindustriais. Por último, adícase un apartado á técnica da compostaxe como proceso moi versátil na valorización de distintos residuos.

As coordinadoras desexan que esta publicación sirva como complemento bibliográfico a todos aqueles interesados na xestión de “residuos-recursos orgánicos” de utilidade no medio agrícola e forestal.
 

Gestión de residuos orgánicos de uso agrícola /
Mª Elvira López Mosquera, Mª Jesús
Sainz Osés (coordinadoras). -
Santiago de Compostela : Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Universidade de Santiago de Compostela, 2011
226 p. : il.

ISBN: 978-84-9887-822-6
1. Residuos agrícolas. I. López Mosquera, María Elvira, coord. II. Sainz Osés, María Jesús, coord. IV. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, ed.

Copyright: USC / IBADER
Xestión de residuos orgánicos de uso agrícola
 
Descargas
  • Xestión de residuos orgánicos de uso agrícola
Voltar